Coñece Casa Fina, a nosa casa vacacional preto de Combarro e Sanxenxo
En Ollando a Ría de Pontevedra poderás atopar a mellor vivenda vacacional da zona. Se estás buscando un lugar onde poder aloxarte durante as túas vacacións e que se atope situado nun punto estratéxico, estás de sorte! A nosa vivenda, Casa Fina, atópase situada en Raxó, en Poio, un pequeno pobo pesqueiro. Estamos moi preto de Sanxenxo, Combarro, Pontevedra, Portonovo, O Grove... Así que poderás desprazarte a todos os pobos que desexes coñecer.
A nosa casa ofréceche todas as comodidades necesarias para que poidas gozar da túa estadía, xa sexa ti só, ou en compañía de familia e amigos. Contamos con 4 habitacións, das cales 3 son dobres e 1 individual, e dispomos de 3 baños, 2 deles na planta de arriba e outro na planta baixa. Ademais, contamos con cociña e con salón/comedor. Tamén temos piscina e un miradoiro privado para que poidas gozar das mellores vistas da ría de Pontevedra. En Casa Fina combínanse serenidade e beleza natural.